Saltar navegación

Os animais

 

Para levar a carga enriba de burros, mulas ou cabalos hai diferentes sistemas:

- Colocarlles unha albarda e atar a carga.

- Colocarlles uns sistemas denominados ganchos ou angarellas que non precisan ir atados, senón que colgan a ambos lados do animal.

Segundo sexa a carga (leña, herba, olas...) así será a forma dos ganchos, dos seróns (para pan, hortalizas, etc) ou das alforxas.

serón

 

Pregunta

Se tiveras que transportar mercancías grazas a un animal de carga e un serón, que levarías?

Respostas

Pedras

Pan e hortalizas

Retroalimentación