Saltar navegación

Substrato lingüístico (As palabras máis antigas)

 

O fondo patrimonial da lingua galega é o latín, pois éo integramente a súa morfoloxía e sintaxe e a maior parte do seu léxico. Outras palabras, empregadas xa polos poboadores deste territorio antes da chegada dos romanos, foron incorporadas como préstamos no latín e perduran aínda hoxe como voces comúns: gándara, veiga, carballo, lama. Esas linguas primitivas (que non só nos deixaron palabras illadas) son o que coñecemos como “substrato lingüístico”: influencia exercida por unha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada posteriormente no mesmo territorio.

Baixo o nome de linguas prerromanas ou prerrománi­cas englóbanse as linguas de todos os pobos que vivían na Península antes da chegada dos romanos. O conxunto de trazos que deixaron esas linguas autóctonas prerromanas forma o substrato prerromano, que ía influír notablemente no peculiar acento do latín empregado nas distintas zonas de Hispania. Dentro deste grupo de linguas prerromanas as máis importantes son as de orixe celta.

No resto da Península Ibérica tamén hai constancia de pobos dos que non temos restos en Galicia (íberos, fenicios, gregos, púnicos). 

O susbtrato prerromano

Os nomes prerromanos non permiten unha clasificación clara, entre outras razóns, porque non se sabe exactamente cal era o significado primitivo da palabra que os motivou, por iso podémolos agrupar por afinidades formais:

Nomes que acaban en -bre, -oña ou en -én ( Tallobre, Callobe..., Taragoña, Baroña..., Aldobrén, Borbén).

Nomes que empezan por *Cal-, *Car ou por *Taur-, *Tur

Nomes que se agrupan baixo significados moi xenéricos: Auga, monte, pedra... - briga (fortaleza, ex. Conimbriga>Coimbra)): elemento que supostamente significaba “cidade” na Hispania Céltica (hoxe estímase que no territorio galego non hai menos de 100 entidades de poboación terminadas en -bre ou variantes -de -brix, variante de -briga).

Palabras da cultura megalítica

A cultura megalítica (aprox. 3.500 a. C.): así chamada pola construción de tumbas colectivas fabricadas con pedras de gran tamaño (dólmenes ou mámoas). Eran comunidades agrícolas e gandeiras, avances culturais estes procedentes do Mediterráneo.

Os seus restos lingüísticos englóbanse no estrato precéltico. Desta época proceden termos maiormente referentes á morfoloxía, ao aproveitamento da terra ou á flora autóctona. Das linguas indoeuropeas non célticas, o apelativo, topónimo e antropónimo lama parece ser unha reliquia (esta verba ou algún dos seus derivados é o nome de 363 aldeas, varios milleiros de paraxes, apelido de cerca de 10.000 galegos). Máis abaixo deste estrato é difícil establecer orixes. É o caso das palabras Barcia (ou variantes: Barxa, Barciela, Barxiela, Barxela ou con -V) e barro (apelativo, topónimo e antropónimo). Outras voces deste período son arroio, barro, carballo, carqueixa, carrasco, gándara, morea, queiroa (ou quiroga), touza, veiga e

Nomes de lugar rematados en –asc- ou –usc-: Beasque, Tarascón, Ledusco… Nomes de ríos (posiblemente son algunhas das palabras máis antigas e importantes; cómpre lembrar que tiñan como divinidades a elementos da natureza): Navia, Deva, Sar, Sarela. O mantemento da raíz carr-: carrapucho, carqueixa, carrasca...

Palabras da cultura castrexa

A cultura castrexa (máxima actividade entre o 600 a. C. e o I d. C.) caracterízase por un tipo de poboamento particular: os castros (palabra latina que vén a substituír unha denominación previa rematada no sufixo –bre). Traballaban os metais e mantiñan certas actividades comerciais. Os seus restos lingüísticos conforman o estrato céltico. A poboación indíxena, a Galicia prerromana, era céltica e/ou “lusitana”, segundo sabemos polas inscricións antigas e, especialmente pola onomástica. Ao latinizarse, non abandonan por completo a súa lingua, senón que incorporaron voces propias ao seu latín, como berce, bidueiro, billa, brío, buraco/burato, callao, canga, carro, carpinteiro, cheda, croio, lousa, seara, tona, tranca, virar…

En nomes propios (Galicia < Callaecia terra dos Callaeci), Seara, Avia. Derivados de xentilicios, en xeral referidos a territorios: Lemos, Limia, Támega, Trives, Valdeorras, Soneira, Pesoz, Ártabros, antigas terras dos Lemavi, Limici, Tamagani, Tiburi, Gigurri, Nerii, Pesici. O mantemento da raíz mor-: amorodo, morote... O sufixo derivativo nominal –ego: galego, labrego... Os topónimos rematados en –obre, -abre, -ebre: Barallobre, Rañobre, Cecebre...

A imaxe que ofrecía o territorio ao que os romanos denominaron Gallaecia era a dunha serie de pobos mesturados, ágrafos, carentes de unidade cultural e lingüística e sen cohesión política. Así a describen os textos clásicos dos historiadores latinos (Estrabón, Plinio). Durante as primeiras expedicións romanas (as de Décimo Xunio Bruto no ano 139 a C.), os pobos máis importantes que os soldados puideron atopar no norte da península de leste a oeste son os Vascóns, Celtíberos, Vacceos, Cántabros, Vettóns, Astures, Galaicos e Lusitanos. Entre os Galaicos, algúns dos pobos eran os Ártabros, Albións, Helenos, Grovios, Brácaros, Lubainos, Gigurros, etc. O seu sistema ortográfico descifrouse de inscricións e lápidas.

A única lingua prerromana que aínda hoxe subsiste é o eusquera. A toponimia revela restos emparentados con ela: sufixo -URRI, -URI (Valdeorras, Iria Flavia), sufixo -ENNUS, -ENA, -EN (Borbén, Viseu). Proceden desta lingua palabras como esquerdo, aquelarre ou ascua.

A influencia da linguas de substrato na fonética obsérrvase na entoación, na igualación b/v, na sonorización de -p-, -t-, -k- (apoteca>bodega) e na caída de ene e ele intervocálicos. 

 

Alude: s.m. Gran masa de neve que se desprende dunha montaña. Quedaron sepultados por un alude. SIN. avalancha.

Arracadas: (ár. Al-qarrat,id) s.f. Aro, con ou sen colgante, que se usa como pendente.

Arroio: Pequena corrente de auga que se forma en épocas de chuvias e que non é permanente.

Artesa: Especie de caixón ou arca de madeira de forma rectangular, máis estreita no fondo ca na boca, que se emprega para amasa-lo pan, salga-la carne, etc.

Baloco:Planta herbácea de flores en forma de dedal; dedaleira, milicroque.

Balsa: Plataforma de táboas ou de toradas de árbores amarradas, para ir sobre a auga. Cruzaron o río nunha balsa. CF. catamarán, xangada.
e
balsa s.f. Oco no terreo, natural ou construído, que se enche de auga. Polo inverno as balsas están cheas. SIN. poza.

barra: Peza ríxida de madeira, metálica ou doutro material máis longa que grosa.

Barranco: s.m. 1. Terreo profundo e escarpado. SIN. barranca, precipicio.2. Quebra profunda producida na terra por unha corrente de auga ou por outra causa. SIN. cavorco. 3. fig. Situación de gran dificultade.

barro: Masa que resulta da mestura de terra e auga.

Berce: s.m. 1. Cama de neno pequeno, que se pode abanar. CF. barrelo, rolo2. 2. fig. Lugar de orixe. s Desde o berce. Desde a primeira infancia, desde a orixe.

Billa: Chave que se coloca na boca das tubaxes e serve para regular o paso de gases ou líquidos.

 

Birlos: Xogo que consiste en derribar o maior número de birlos lanzando unha bola de madeira ou sintética.

Bugallo: Excrecencia do carballo e doutras árbores que ten forma de bola cuberta de engurras e picos.

Buxaina: xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel.

 

Cádavo: Toxo que se conserva ainda en pé despois dunha queima. Pao delgado e seco para facer leña.

 

Artesa

Cágado: s. m. Larva dos anfibios anuros, de corpo groso e cola longa. Ese pozo está cheo de cágados. SIN. cabezudo, culler.

Camiño: espazo de terreo para ir dun lugar a outro.

Carqueixa: A Carqueixa umbelata é unha pranta herbácea de follas estreitas e moi pequenas e forma parte de terrenos silícicos como moitas das montañas galegas. Cast.: jarilla (jaguarzo ou juagarcillo)

arracadas

Carrasca: s.f. ou carrasco s.m. Arbusto do que existen varias especies, que pode chegar a alcanzar un metro de altura, de follas perennes, con flores pequenas de cor tirando a rosa, branca ou violeta. As carrascas arden moi ben.SIN. queiroa. CF. torga, uz.

con

Con: (Célt. *kauno: rocha). Penedo, especialmente o situado na beira do mar ou na tona da auga.

Garabata, garabito, garabullo: Pau seco e delgado que se emprega para facer lume.

 

     

Garabato: 1.Trazo ou debuxo mal feito ou que non representa nada. 2.Garabullo.

Lastra: s.f. 1. Pedra grande e de superficie lisa, plana na parte superior. Os nenos enredan nunha lastra, escorregando por ela. SIN. laxe. 2. Peza de pedra, grande e plana, que se emprega para pavimentar unha superficie e para outros usos. Sobre os pés do hórreo van as lastras, e directamente sobre estas,
a construcción. Chantando unhas lastras na terra faise un cerrado para separa-los campos. CF. laxe,Lousa

Laxe: Pena de grandes dimensións e de superficie lisa, que aflora nun terreo sen sobresaír del. O carrizo foi beber nos furados da laxe. 2. Peza de pedra de cara superior alisada, de pouco grosor con relación á súa superficie, utilizada para pavimentar, tallar, etc. Carretaban as laxes en carros de bois desde a canteira. Liques dourados que irisan nas laxes do tellado. SIN. lastra, lousa. u SIN. laxa.

 

MoreaMorea: Conxunto de cousas agrupadas unhas encima das outras, ou cantidade de algo agrupada máis ou menos en forma de montaña.

 

 

Parra: Vide coas polas moi crecidas,suxeitas e estendidas sobre un soporte horizontal a certa altura do chan.

Rocha: É calquera agregado natural formado por un ou máis minerais.

Rodaballo: Peixe mariño de corpo aplanado e en forma de rombo, de carne moi apreciada, que ten no lombo unha especie de pequenos vultos de materia ósea.

Tona: Pel fina que cobre a froita.2-Cortiza.3-Casca dalgún froito como a noz, a castaña..

 

Touza:

1. Monte poboado de carballos. 2. Cepa que queda dunha árbore despois de ser cortada. 3. Terreo sen cultivar que está cheo de mato. 4. Bandada de peixes.

 

Veiga: Terreo baixo, amplo e fértil polo que adoita discorrer un río, onde hai prados e terras de cultivo e no que varios veciños posúen parcelas. Varias aldeas repartían as terras da veiga. CF. varcia. 2. Parcela de terreo dedicada ó cultivo [dunha determinada cousa]. Unha veiga de millo.