Saltar navegación

Prefixos/ infixos

    Os PREFIXOS son morfemas con significado propio que se sitúan diante dunha palabra para formar outra nova sen modificarlle a categoría gramatical.

Segundo a súa orixe, adoitan ser de orixe latina e grega.

Segundo o seu significado, poden ser apreciativos ou nocionais:

Os apreciativos teñen valor intensificador: arqui-, extra- hiper-, pre-, re-, sobre- super-...

Os nocionais modifican o contido do lexema:

negación: a-, anti-, contra-, des/dis-, in-...

lugar: entre-/intra-, meta-, retro-, sobre/super-, sub, tras/trans, ultra...

tempo: ante-, pos-, pre-...

       cantidade ou tamaño: bis/bi-, multi-, pluri-, semi-, uni-

Observa

O prefixo in- convértese en im- diante de palabras que comezan por p- e b- e en i- diante de palabras que comezan por r- e l- (irreal, improbable).

· O prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo (transcendental, transhumancia) e redúcese a tras- en palabras populares (traslada).

· O prefixo post- escríbese cando vai seguido de vogal (postelectoral). O prefixo pos- cando vai seguido de consoante (postraumático, posguerra).

· O prefixo sub- (subliñar) consérvase ao carón da súa evolución en so- (someter, soterrar). Observa: subtraer, subtracción e subtraído.

Observa

Prefixos de orixe latina

Significado

Prefixos de orixe grega

Significado

Ab-/abs-

Separación: abdicar, ab-rogar, abstención.

Arredar: abnegar

Orixe: aborixe

anfi-

Ambos, a ambos lados, das dúas partes: anfibio, anfiteatro.

ambi-

Ambos

ambidiestro, ambivalente

anti-

Contra, oposición: antinatural, antinuclear.

bi-

dous, dúas veces, dobremente.

biangular, bianual, bicolor, bífido, bilabial, bilingüe, binario, binóculo, bióxido, bivalvo.

auto-

Por si mesmo, propio: autocrítica, autoretrato.

Independente: autonomía, autodeterminación.

Ex-

fóra de, negación ou privación, intensidade ou encarecemento, que foi e xa non é.

epi-

Sobre: epílogo, epígrafe.

encima de: epicentro, epiderme, epitelio.

extra-

fóra de: extramuros.

moi: extrafino.

eu-

Bondade, excelencia, perfección: eutanasia, eufonía.

omni-

todo: omnisciencia, omnívoro.

helio-

Sol: heliocentrismo, heliotropismo.

pos-

Posterioridade: pospoñer, postergar.

hemi-

Metade, medio: hemiciclo, hemiplexia, hesmistiquio.

pre-

Anterioridade ou precedencia: prefixo, preelectoral.

homo

Igual: homófono, homógrafo, homopétalo.

sub-

Baixo,debaixo:

sublingual,subliñar, submarino. inferioridade: subcomisión.

acción secundaria: subdelegar.

iso-

Igual: isomorfo, isotérmico.

Infixos

Tamén se denominan “interfixos”. Sitúanse entre o morfema (sufixo ou prefixo) e o lexema: pan-ad-eiro, carn-ic-eiro, en-s-anchar, pau-c-iño, can-c-iño, fum-ar-eda.