Saltar navegación

As aves

 

Andoriña

anduriña

Bubela

bubela

Cegoña

cegoña de pé nunha terra de cultivo

Curuxacuruxa

bubela, corvo, choia, cuco, estorniño, merlo, pardal, pega, píllara, reiseñor

 
Amelia

Sabías, Amelia, que á bubela chamámoslle galo merdeiro? Cando eramos rapaces pequenos e andabamos aos niños, non nos gustaban os desta ave, porque os pitiños imitaban o son das serpes cando ventaban perigo, e, se os collías na man, zarriscábancha toda cos seus excrementos. Os adultos teñen unha glándula situada na base da cola que produce unha secreción dun cheiro moi desgradable. De aí o alcume de galo merdeiro.

 
avelaina

Avelaiona

gavilán

Gabián

un galo e dúas galiñas

Galo, galiña, capón, pito

curuxa

Curuxa

 
Paporrubiopaporrubio

Parrulo, pato (este en concreto é un lavanco macho)

Lavanco macho

Pavopavo

Falcónfalcon

 
Miñatominato Verderolverderol

Azor

azor

reiseñor

 

Lembras, Amelia, o que temos gozado nos meses de maio do canto do reiseñor? Gustáballe especialmente a follaxe do noso érbedo e ti pedíasme que te subise ao patín do hórreo pra facer coros con el. Incansábeis os dous! Ti só baixabas porque te chamaban a merendar, ha,ha,ha.

canto reiseñor

Sabías que...?

Sabías, Amelia, que as aves son insecticidas naturais, pois dan conta de infinidade de insectos e vermes? E que os insectos son un bo indicador do impacto que o cambio climático supón para a biodiversidade? E que as aves están en declive en Europa? Eu aprendín isto e moito máis con Ramsés Pérez, grazas á información do coleccionábel “As nosas extraordinarias aves comúns”, que puiden ler en Nós Diario. Velaquí che deixo algunhas das curiosidades que anotei sobre paxaros que nos acompañan na nosa terra. Moito me gustaría que lles fixeras unha ficha técnica (como a que che deixo do “colúmbrido”) ou que investigaras máis a fondo algún do teu gusto.

Andoriña: De cola bifurcada e acrobáticos voos, é unha das catro aves que cruza o mar. Podemos observar cinco especies na Galiza, sendo macho e femia moi parecidas. Soen ser fieis á parella e ao niño feito en casas e edificios, as que adoitan volver.

Bubela: O paxaro con crista e que pode desprender mal cheiro. É probabelmente unha das aves estivais máis facilmente recoñecíbeis polas súas cores, voo característico e un canto inconfundíbel que dá orixe ao seu nome. Paxaro insectívoro, é un aliado das labregas e labregos capturando baixo terra co seu peteiro multitude de presas, unha habilidade especial que lle facilita un alimento ao que outras moitas especies non conseguen acceder.

Carriza: É unha das aves máis pequenas de Europa e, pola contra, ten un dos cantos máis fortes e potentes. Sempre leva a cola ergueita. Prefiren lugares con vexetación densa. Son polígamos e os seus niños son uns dos que aproveita o cuco para que lle saquen adiante os seus poliños. Xúntanse en grupos nos invernos fríos para darse calor.

Colúmbridos: pomba, pombo ( a máis grande), rula.

“Os colúmbidos son unha familia de aves granívoras de diferentes tamaños, á que pertencen numerosas especies como o pombo, as pombas e as rulas. Teñen todas unhas características semellantes: corpo grande e cabeza pequena; non existe dimorfismo sexual; constrúen uns niños ruíns e son granívoras”.

Seguramente un dos sons máis escoitados é o arrolo dos pombos. Constan de cinco frases, coa última ascendente no seu ton que pode durar entre nove e trece segundos aproximadamente. A diferenza doutras moitas aves que beben auga colléndoa co peteiro na boca e logo levantan a cabeza para tragala, os pombos sorben a auga. A femia choca os ovos de pichóns de catro ou cinco da tarde a oito da mañá. O resto faino o macho. A rula é unha das catro aves que cruzan o mar, chega en abril.

Corvo: (corvo pequeno, grande ou grulla pequena -corvus corax, corone ou monendula-). É enteiramente negro. Emiten voces específicas de anuncio, ataque, inquedanza, alarma, apareamento, etc. Teñen un comportamento social e son intelixentes. É moi interesante observar a cría cooperativa para sacar adiantes os poliños, semellante a unha extensa familia de humanos.

 Ferreiriños: Ave forestal de vistosas cores, é agresivo e protector do seu territorio. Denomínanse aves trogloditas pola súa necesidade de teren buracos onde criar (usan mesmo caixas niño).

Gaivota: Hai moitas: patiamarela (patas amarelas), gaivota arxéntea (patas rosa); gaivota pequena, de cabeza de cabeza negra, chorona, tridáctila, escura, gaivotón, branca.

Lavanco real: É o anátido máis común (familia dos patos  ou parrulos). “Na Galiza está amplamente distribuído, é unha especie sedentaria que conta con numerosos individuos que veñen pasar o inverno”.

Lavandeira: O motivo do nome lavandeira débese ao seu gusto polos lugares con auga e polo continuo movemento da cola, arriba e abaixo, tal e como facían coa roupa as mulleres que ían lavar ao río. De cola negra, coas plumas externas brancas.

Laverca: Este locuaz paxaro é bioindicador da evolución dos sistemas agrarios. En castelán denomínase alondra.

Merlo (variante: cochorra): A femia é de cor apardazada, pero o  macho é inconfundíbel: negro, de peteiro amarelo ou laranxa, da mesma cor có anel que lles rodea os ollos. Comunícanse cun extenso repertorio, que van mudando e aumentando cos anos. Ten tolerancia á presenza humana e estase adaptando ben ás novas situacións medioambientais, motivo polo que os vemos adoito nas cidades.

Miñato (var. buxato): É a ave rapina máis común, “sempre á vista en postes, árbores e cables de luz desde os que dá caza a ratos, pero tamén a réptiles e insectos ao longo de todo o país e en ambientes moi diferentes como bosques, campos ou montes”.

mouchoMoucho: É a máis diúrna entre as rapinas nocturnas. Dende a Grecia clásica, representa a sabenza e a ciencia. O  nome procede do latín mutilus: mutilado,  sen cornos (pola ausencia na cabeza de plumas semellantes a cornos que caracteriza outras especies de rapinas nocturnas). Ten uns característicos ollos amarelos. Posúen unha gran variedade de chamadas, que se poden escoitar tanto de día como de noite, que empregan para contactar, atraer a parella ou defender o territorio dos inimigos. Son sedentarios e gústalles vivir durante anos no mesmo territorio, do que  expulsan as crías cando se valen por si mesmas.

Paporrubio (tamén chamado pisco ou paifoco): Emite un tac, tac, tac caraterístico. É moi sensible ás molestias cando está criando, mesmo poden abandonar o niño. Defenden o seu territorio ata a morte. No inverno, o pisco converte as plumas nun edredón para xerar unha capa de aire quente.

Pardal: Hai pardais onde existen asentamentos humanos; por iso é doado velos.  O nome vénlle das plumas de cor parda.

Píllaras: Vemos estes miúdos paxaros nas praias, alimentándose. A quenda de día para atender as crías faina a femia e a noite o macho.