Tipos de casas
Choupana: casa terrea pequena e pobre; cabana, caseta, casopa. |
|
Casa terrea ou terreira: de dimensións moi reducidas a nivel do chan, cun único espazo no que se realizaban todas as actividades domésticas. |
|
Casas do pincho: semellante á terrea, con tellado a dúas vertentes, caracterízase por ter a fachada principal nun dos seus muros piñóns (que rematan en ángulo). |
|
![]() |
Casa con patín: consta de dúas alturas; na planta terrea almacénanse os aparellos, as cortes ou a adega. Un tramo de escaleiras (ou dous) conduce ao patín, situado na fachada principal, e que serve de acceso ao primeiro andar. |
Casa de dous andares: de estrutura máis complexa, maiores dimensións e calidade construtiva. As fachadas son diversas: lisas, con galerías, con fiestras… |
|
![]() |
Pazo: (lat. palatiu) Antiga casa señorial galega, construída no campo e destinada a residencia fixa ou temporal de familias nobres. |