Saltar navegación

Tabú, eufemismo e disfemismo.

TABÚ

Son termos evitados polos falantes porque designan realidades supostamente desagradables ou de carácter sagrado. O tabú está condicionado polos valores culturais (convencións sociais, relixión e supersticións) existentes na nosa comunidade. Isto provoca que os fa­lantes proscriban o emprego de determinadas voces e tenten encubrilas ou disimulalas mediante a utilización de eufemismos (o maligno).

DISFEMISMO

Consis­te en nomear unha realidade cu­nha expresión pexorativa ou con intención de rebaixala de catego­ría. Constitúen algunhas mostras palabras como espichar, sudaca, drogata..

EUFEMISMO

Consiste no emprego de palabras consideradas decorosas no canto doutras voces con connotacións pexorativas (o tabú). O seu uso responde a máximas da cortesía, nomeadamente a de respectar o dereito do oínte a non ser ferido nin molestado, como facer de ventre (por cagar); estar encinta (por estar preñada); facer pis (por mexar); traseiro, popa (por cu); e tamén a que certas realidades (animais, por exemplo) inseridas no folclore galego adquiriron unha car­ga de superstición importante na nosa cultura popular: bicha, leiteira ou rastreiriña (por cobra), etc. Tamén existe un eufemismo "propiciatorio", que é o que explica a denominación positiva da donicela como "dona das paredes", "dona de paredes" ao carón das negativas: cazoleira, torresmeira, borrallenta, caldeirona mal raio que te coma.

Nos medios de comunicación, o eufemismo enmascara ás veces a realidade; deste xeito, na lin­gua común empréganse formas como actualización de prezos (por suba de pre­zos); regulación de emprego (por despido); conflito bélico (guerra), danos colaterais, etc.

Reaccións eufemísticas ante o tabú é tamén o uso de expresións pedindo desculpas: “perdoando a palabra”, “con perdón”, con perdón dos presentes”.

Cap. Ben falado, Eufemismo.