A chave do tesouro
Sinónimo tradicional de "remendo".
NORABOA, POR FIN acadaches o TESOURO!
E diras, que é, ese tesouro?
O tesouro ES TI. Está na túa cabeza. Cada vez que activas as áreas do cerebro relacionadas coa linguaxe (que os expertos denominan área de Wernicke e área de Broca) en busca dunha palabra en galego formas parte desa cadea de homes e mulleres que inventaron unha linguaxe para comunicárense, para falar do seu mundo, para nomear as augas, os montes, o que fan e o que senten... canto mellor coñezas a nosa lingua maior será o teu tesouro.
Anota o teu nome neste documento que certifica que pertences aos bos e xenerosos que entenden o idioma dos nosos ancestros.