Unha maneira de agrupar as palabras é polo seu significado. A semántica é a parte da lingüística que estuda o significado das palabras (sen atender á súa forma ou significante) e as relacións baseadas no significado que se establecen entre elas. Xa que logo, a semántica fíxase, por exemplo, na relación entre o significado de ferro e o de ouro, cobre, prata, chumbo, aceiro, etc. (campos semánticos), entanto que un estudo léxico amosa as relacións existentes entre a forma e o significado de series como ferro, ferruxe, ferrar, ferreiro, ferraría, etc. (familias léxicas).
Libro 4- Campos semánticos. Grupos de palabras.
Campo semántico: animais
Observa
O significado é o concepto ou idea mental dunha cousa.
Para que sexa válido precísase que, como mínimo, dous falantes (que se comunican entre si mediante signos lingüísticos para transmitirse os seus pensamentos, sentimentos etc.) o asocien co mesmo referente (aquilo do que se fala).
Normalmente, en semántica, ao tradicional esquema saussuriano de signo lingüístico conformado por significante e significado, engádeselle un terceiro elemento: o referente ou «cousa». Configúrase deste xeito un modelo analítico do significado -o triángulo básico- no que se distinguen estes tres compoñentes:
O significante (nome ou símbolo): é a configuración fonética da palabra e os segmentos que a constitúen.
O significado (sentido ou referencia): é a información que se lle comunica ao oínte.
O referente ou cousa: é aquilo sobre o que se fala.
Denotación e connotación
Significante |
Significado |
Referente |
“aguia” /agia/ |
“Ave falconiforme de envergadura de 2`5m, etc.” |
![]() |
Significante |
Significado |
Referente |
“aguia” /agia/ |
“de demostradas habilidade e capacidades para…” |
Alexandre
|