Saltar navegación

Ponte a proba

Exercicio 1

Indica (por orde) as dúas palabras que sobran en cada serie de sinónimos:

abarcar, meter, abranguer, comprender, tomar, conter: e

achar, atopar, coller, bater, encontrar, descubrir:

aflición, pesar, mágoa, nostalxia, dor, ledicia: e

catástrofe, desgraza, desdita, desventura, infelicidade, sorte:

deserto, despoboado, ermo, carente, ruín, solitario: e .

enxergar, albiscar, ollar, fitar, divisar, avistar:

labazada, caricia, cariño, azoute, afago, agarimo: e

morte, crime, pasamento, falecemento, óbito, homicidio: e

orgullo, soberbia, teima, valía, vaidade, arrogancia:

pulo, chouto, salto, caída, pirueta, brinco:

querer, alcanzar, atinxir, lograr, conseguir, tentar: e

rubio, azul, vermello, encarnado, marelo, colorado: e

Habilitar JavaScript

Exercicio 2

Substitúe as palabras subliñadas por algún sinónimo

Dálle un forte abrazo. O demo do can traboume. Fun vender un bacoriño. O doutor mandoume durmir sen cabezal. ¡Que alegría causaches! O leite aínda non está tépedo. Limpa o borrallo da lareira. Non ouses voltar por aquí. Armaron unha boa liorta. Mete as camisas no roupeiro. ¿Atinaches ben co camiño?. Achégame esa cadeira. Vou prende-lo lume. Espera un anaco e verás o resultado. Con esta brétema é moi difícil conducir. Vive cerca de aquí. Non é doado facer ben ese problema. Ten fama de ser moi agarrado. Desde entón tenme odio. Sempre anda a chuchar caramelos. ¿Que periódico les ti? Podes garda-lo coche nese pendello. Estiven guichando pola pechadura e vinos acaroarse un ao outro. Sería unha mágoa ter que o desbotar. Esta néboa ha traer algunha enfermidade. Non é fácil andar sempre alegre. Non me para de proer a ferida que fixen ó escorregar. Maldizoou os enxeñeiros que asolagaron o val.

Exercicio 3

Explica a diferenza de significado de cada unha das parellas que seguen:

cala/praia

cascallo/seixo

chan/solo

enseada/baía

lago/lagoa

illa/ ínsua

raio/lóstrego

serra/cordilleira