Saltar navegación

O calzado

 

zocos modernos

 

Bota: Calzado que cobre o pé e parte da perna.

Galocho:Calzado de coiro con piso de madeira, que pode ser baixo ou ter forma de bota. Adoitan ser calzado de inverno. SIN. chanca, chanco, galocha, tamnaca, zoca. 2 Calzado dunha peza, todo de madeira e xeralmente con tacos, para preservalo da humidade, que se usa por riba doutro. Adoitábanse poñer no inverno para non mollar as zapatillas. SIN. galocha, madroña, zoca. 3 Calzado de goma que se pon por riba doutro calzado para preservalo da humidade.

Sandalia: Calzado lixeiro composto dunha sola suxeita con fitas ou tiras de coiro.

Zapatilla: 1. Calzado de tea, feltro ou doutro material brando, que se emprega para andar pola casa. 2 Calzado lixeiro, sen taco e de material flexible, especial para a práctica de deportes.

Zapato: Peza de calzado que cobre o pé ata o nortello, xeralmente de coiro e con sola, con ou sen cordóns.

Zoco: 1- Calzado rústico coa sola de madeira e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello.SIN. chanca, chanco, galocha. 2 Calzado de sola grosa, de madeira ou doutro material, aberto pola parte do calcañar.

Partes do calzado

Amalló: (do fr. Maille<lat. macula 'malla de rede') Correa, habitualmente de coiro, para atar o calzado ou outras cousas. SIN. agulleta; amalloa. Cast.: cordón, Fr. : lacet, In.: shoelace.

Biqueira: (de bico; do célt. bekkus). Reforzo exterior na punta do calzado. SIN. Bigoteira, punteira.

Contraforte: Peza de coiro que reforza a parte de atrás do calzado.

Empeña: Parte do calzado que cobre a parte superior do pé.

Calcaño: Por extensión, parte do zapato ou do calcetín correspondente á parte inferior do talón.

Lingüeta: >Peza do calzado que protexe a parte superior do pé do rozamento dos amallós ou do sistema de suxeición que se utilice

Sola: Parte inferior do calzado, que está en contacto co pé e que se apoia no chan ao camiñar.

Soleta: Revestimento interior da sola do calzado, que pode ir fixado a esta ou simplemente superposto.

Tacón: Peza que leva o calzado na parte posterior da sola, debaixo do calcañar, para levantalo máis ou menos por esa parte, en particular, cando esa peza é bastante alta.