Saltar navegación

Os pés

 
Observamos tres tipos: pés ou columnas, cepas ou muros transversais e celeiros ou base pechada.

A súa función é soste-lo canastro e mantelo a certa distancia do chan. Cada canastro leva tantos pés coma columnas o corpo. A forma varía; os de madeira soen ser cilíndricos; os de pedra adoitan ser troncocónicos ou troncopiramidais. Os pés ou esteos de madeira levan por enrriba unhas lousas circulares de pedra, lixeiramente cónicas, chamadas mós,  moas ou tornarratos (tamén se coñecen como capas, capelas, rateiras, toldas ou postas; no caso de que cubran dous esteos chámanse mesas).

Legalmente, os pés indican a propiedade do terreo na que se ergue o canastro. O propietario dun canastro levantado en monte comunal segue sendo dono do terreo mentres se manteñan os pés, aínda que o corpo xa non exista. Pola contra, se permanece todo menos os pés, perde a propiedade
As cepas son pequenos muros, case sempre de cachotes; poden ocupar as cabezas do canastro ou toda a base. Nelas, os tornarratos soen ser lousas de pedra que sobresaen do corpo do canastro.
Os celeiros son cepas ocas con porta de acceso que se aproveitan para gardar ferramentas ou outras produtos do campo. Con este tipo de pé os tornarratos son pedras que sobresaen do corpo. Adoitan ter algún sistema de ventilación.

Métodos para evitar ataques dos animais

tornarratos

tornaformigas

Que a colleita se vexa mermada polo ataque de diferentes animais non se debe permitir. Por este motivo as escadas son móbiles e non fixas. Tamén para manter afastados os roedores artelláronse “tornarratos” e nalgúns casos “tornaformigas” (con este nome coñécese un pequeño canal de auga que levan algúns canastros na soleira que lles dificulta o acceso a estes insectos).  A mesma función de afastar os animais