Saltar navegación

A cuberta

 

Polo xeral é a dúas augas, emprega o mesmo material ca o das casas da zona (tella, palla, lousa ou granito).

Leva pechados os triángulos dianteiro e traseiro con sendas pimpinelas ou outóns.

Ármase, coma o das casas, con cumeal e cangos sobor dos que vai a latiza cuberta pola tella ou polo colmo.
A latiza deste hórreo está cuberta de tella.

Os cabaceiros circulares de vergas móntanse sobre dunha grade ou bastidor de madeira formado por catro largueiros da mesma lonxitude; esta grade descansa por riba de catro pés, de madeira ou pedra, ou dunha cepa. Na parte de abaixo leva unha pequeña portiña que se pecha cunha táboa que rube puxando por ela cara arriba; entón, pola presión interior do contido, as espigas deitan para fóra. As paredes son varas tecidas A cuberta é de colmo, moi lixeira; é preciso retirala para encher o cabaceiro.

Pode levar tamén guarnicións e tornaventos cando os precisa, quer polo vento, quer polo ben parecer (cruces de pedra ou madeira), quer por protección.

Cando o tellado é a tres augas, o lado estreito ponse cara ó lugar de onde veñen os ventos de chuvia.