Saltar navegación

A roupa 2

Polaina

polainas do traxe galego

fr. ant. polaine “punta do calzado”). Especie de media que cobre a perna desde o nocello até un pouco máis arriba do xeonllo. As polainas son un elemento do traxe tradicional galego.

Saia

(lat. vg. *sagia). Peza de roupa xeralmente feminina que cobre dende a cintura para abaixo. Cast.: falda, Fr.: jupe, In.: skirt.

Axustador

(lat. sustinere). Peza de roupa feminina. Cast.: sujetador, Fr.: bustier, In.: bra.

Traxe

(do b. lat. tragere). Vestido exterior completo.

E moitas máis

>Adobío: (de adobiar; fr. ant. adober “armar cabaleiro”) adorno posto para engalanar ou mellorar o aspecto. Fr.: ornement, In.: adornment.

>Arracada: (do fr. Maille<lat. macula 'malla de rede') Correa, habitualmente de coiro, para atar o calzado ou outras cousas. SIN. agulleta; amalloa. Cast.: cordón, Fr. : lacet, In.: shoelace.

>Cirolas: Peza de roupa interior masculina, que cobre da cintura para abaixo, cada perna por separado, cunha lonxitude variable. SIN. Calzóns.

>Cobadeira: Peza de remendo, reforzo ou adorno que se cose ou pega na manga dunha peza de vestir, na zona do cóbado.

>Colo: por extensión, parte de certas pezas de vestir que rodea o pescozo.

>Chuvasqueiro: Peza de roupa impermeable para protexerse da chuvia.

>Doa: (do latin dona<donum 'presente') Cada unha das contas ensartadas nun rosario ou colar. Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos, etc. SIN. abelorio.

>Enxoval: 1. Conxunto de roupas, mobles, etc., de uso común que hai na casa. 2. Conxunto de roupas e obxectos necesarios para o bebé. 3. Conxunto de roupas, mobles, etc., que hai nunha casa, en particular o que os noivos levan ao matrimonio.

>Faldriqueira: (de faldra). Bolsiña que ataban as mulleres á cintura, debaixo da faldra ou a camisa. Sin. alxabeira, falchoca, farraca, faltriqueira. p. ext.: peto.

>Fibela: Peza de metal ou doutro material, xeralmente con unha ou máis puntas montadas nun eixe, que prende unha correa, fita etc.

>Gravata: Tira de tea que se pon arredor do colo da camisa, facéndolle un nó por diante e deixándoa caer sobre o peito.

>Manequín: (fr. mannequin). Figura de madeira ou plástico que imita o ser humano, que lles serve aos modistos e modistas para exporen os seus modelos.>

>Ollal: Abertura nun tecido por onde pasa o botón.

>Remendo: Peza que a modo de remendo ou adorno se lle bota a un vestido, zapato etc. SIN. remonta.

>Veludo: Tecido liso por un lado e cuberto polo outro de pelo suave, curto e mesto.

Adxectivos

Ruzo/a: Prenda que perdeu a cor e se volveu máis crara ou branca. Sin. Desflazada.

As persoas que descoidan o seu aseo e a súa vestimenta reciben moitos cualificativos: Astroso, badanas, baldreo, bandallo, bandalleiro, baldrogas, fargalleiro, palafustrán, pastrán, zalapastrán, zampallán, xostrón.

Sinónimos

Cinguido: cinxido

Cirolas: calzóns

Espir: despir

Mudarse: guiarse

Brincos: pendentes

Amalloar: atar

Enxoitar: enxugar

Colete: chaleco

anoar: atar