Saltar navegación

Vectores

Vectores

Sabemos que existen magnitudes que quedan completamente determinadas cando se indica un número seguido dunha unidade, exemplos destas magnitudes son: a masa, o tempo ou a temperatura. No entanto, hai outras magnitudes que precisan para estar completamente definidas que se indique a súa dirección e sentido. Unha magnitude vectorial, pois, vai precisar un número seguido da súa unidade (chamado módulo), a indicación da súa dirección (determinada pola recta sobre a que actúa) e un sentido que se representa mediante unha punta de frecha.

Cando escribimos sobre o papel o símbolo dunha magnitude vectorial, o facemos cunha letra cunha frecha enriba: Símbolo dun vector, letra con frecha. Cando queremos simbolizar unicamente o módulo do vector, o facemos usando unha letra sen frecha ou ben o símbolo do vector entre barras verticais: Módulo dun vector, letra con frecha entre barras.

Unha maneira de representar unha magnitude vectorial graficamente é debuxar unha frecha orientada. As proxeccións desa frecha sobre os eixes coordenados son chamadas compoñentes. Se usamos o teorema de Pitágoras coas compoñentes dun vector, podemos calcular o seu módulo. Ensaia coa seguinte simulación.

Suma vectorial

Para sumar dous vectores faremos coincidir a orixe dun deles co extremo (frecha) do outro, finalmente trazaremos outro vector (o vector suma) desde a orixe ao extremo que ficaron libres. As compoñentes do vector suma son as sumas ordenadas das compoñentes dos dous vectores. Traballa coa seguinte simulación.