Escena. O principio fundamental (ou segundo principio) da dinámica permítenos entender o que acontece cando unha nave espacial que está seguindo un Movemento Rectilíneo e Uniforme acende os seus motores: cada vez percorre máis espazo no mesmo tempo. Para pór en marcha a simulación fai un clic dentro da escena (máis o menos polo centro da pantalla). Se queres volver a ver a escena, refresca a páxina.