Test SCORM Pregunta Enric Ripoll (CC BY-SA) O movemento dunha motocicleta que vai cara á esquerda nunha estrada recta correspóndese coa seguinte gráfica. Considerando coma positivas as magnitudes vectoriais que apuntan cara á dereita, indica cal destas afirmacións é a correcta: Respostas Opción 1 A aceleración é negativa e a motocicleta está freando Opción 2 Sobre a motocicleta actúa unha forza en sentido negativo (cara a esquerda) Opción 3 A posición inicial da motocicleta é positiva e igual a 2 m Pregunta Enric Ripoll (CC BY-SA) O movemento dunha motocicleta de 150 kg de masa que nunha estrada recta correspóndese coa seguinte gráfica. Considerando coma positivas as magnitudes vectoriais que apuntan cara á dereita, indica cal destas afirmacións é a correcta: Respostas Opción 1 A forza resultante sobre a motocicleta é nula Opción 2 A forza resultante sobre a motocicleta está dirixida cara a dereita (é positiva) Opción 3 A forza resultante sobre a motocicleta está dirixida cara a esquerda (negativa) e ten un valor de -200 N Opción 4 A forza resultante sobre a motocicleta está dirixida cara a esquerda (negativa) e ten un valor de -278 N Pregunta Enric Ripoll (CC BY-SA) O movemento dunha motocicleta de 150 kg de masa que vai cara á esquerda nunha estrada recta correspóndese coa seguinte gráfica. Considerando coma positivas as magnitudes vectoriais que apuntan cara á dereita, indica cal destas afirmacións é a correcta: Respostas Opción 1 O espazo percorrido entre t= 0 s e t= 1 s é de 3 m Opción 2 Para que a motocicleta tivese un MRU sería necesaría unha forza adicional de +278 N (cara a dereita) Opción 3 O punto de partida da motocicleta foi de x=+2 m (á dereita da orixe) Habilitar JavaScript