As máquinas son aparellos feitos polo home que poden multiplicar ou dividir a forza que se aplica sobre un corpo. As máis sinxelas chámanse máquinas simples, entre as máis coñecidas temos a panca e a polea.
A panca
A panca está composta por unha barra ríxida cun punto de apoio. Cando está en equilibrio se anulan os momentos das forzas a cada lado do punto de apoio.
Tipos de pancas:
* Primeiro xénero se o punto de apoio está entre a carga (resistencia) e a forza aplicada. Por exemplo unhas tesoiras.
* Segundo xénero se a carga (resistencia) está entre o punto de apoio e a forza aplicada. Por exemplo un crebanoces.
* Terceiro xénero se a forza aplicada está entre a carga (resistencia) e o punto de apoio. Por exemplo unhas pinzas de depilar.
A polea
A polea é unha roda cun suco por onde pasa unha corda. A polea pode xirar ao redor dun eixe que pasa polo seu centro. A polea serve para cambiar a dirección ou o sentido duna forza. Por exemplo, se queremos levantar un corpo do chan, coa polea podemos facer unha forza vertical cara ao chan de maneira que no outro extremo da corda pódese levantar o corpo. Mira o vídeo.
No caso do vídeo o módulo da forza aplicada coincide co módulo do peso levantado.