Xeralmente o terceiro principio da dinámica enúnciase así:
"Se dous corpos (A e B) interactúan entre eles a forza que fai o corpo A sobre o B será a mesma que fai o corpo B sobre A, pero de sentido contrario".
É moi importante insistir en que as forzas de acción e reacción actúan sobre corpos distintos e por iso dan lugar aos correspondentes efectos sobre os dous corpos.
Tamén é necesario insistir en que a intensidade (módulo) de cada unha das forzas é a mesma, independentemente das masas ou outras características dos corpos que interactúan.