Isaac Newton (1642-1727), formulou a súa Lei de Gravitación Universal que, xunto aos seus principios da dinámica, permitiu explicar o movemento dos corpos, tanto na Terra como no resto do Universo. A lei a podemos enunciar así:
«Dúas masas enfrontadas a certa distancia atráense cunha forza que é directamente proporcional ao produto das dúas masas e inversamente proporcional ao cadrado da distancia que separa os seus centros»
Onde G é a constante de gravitación universal, M e m as masas enfrontadas e r a distancia que as separa. G toma o valor de .
A partir desta lei é fácil deducir que un astro sometido á acción dunha forza provocada por outro astro vai seguir unha órbita circular, elíptica ou hiperbólica. Polo tanto, a lei de Gravitación Universal engloba as tres leis de Kepler e as amplía.