Aristóteles pensaba que para que un corpo se movese era necesario que sobre el actuase unha forza. Acabamos de ver que iso non é así, un corpo pode ter un MRU e, no entanto, sobre este non actuar forza ningunha.
No século XVII, Galileo Galilei, mediante os experimentos de caída de bólas por planos inclinados demostrou que os corpos caen cunha aceleración constante, é dicir, que percorren ao caer unha distancia que aumenta co cadrado do tempo transcorrido.
Galileo é considerado o pai do principio de inercia, para demostralo usaba planos inclinados sen fricción. Que pasaría se o plano non estivese inclinado? Como avanzaría a bóla?
Observa atentamente a simulación adxunta.