Tipos de sólidos
Os sólidos poden clasificarse en dous tipos:
- Sólidos deformables, son os que se deforman cando sobre eles actúa unha forza. Son exemplos de sólidos deformables un anaco de arxila, unha pelota de goma...
- Sólidos indeformables, son os que non se deforman aínda que sobre eles non actúe unha forza. Exemplos de sólidos (case) indeformables son unha bóla de aceiro, unha pedra de granito...
Movemento dun sólido
Cando as forzas actúan sobre un corpo poden imprimirlle dous tipos de movemento:
- Translación, cando se despraza. A translación pode definirse como un movemento do corpo sen cambios na orientación, mantendo a forma e o tamaño. Neste sentido, podemos indicar que todos os puntos do sólido se moven en traxectorias paralelas.
- Rotación cando o sólido xira. Podemos dicir que un corpo xira cando no movemento hai un cambio orientación entorno a unha liña imaxinaria que chamamos eixe de rotación. Neste sentido, cabe dicir que todos os puntos do corpo realizar traxectorias circulares, excepto os que coinciden co eixe.