Saltar navegación

Lectura

Actividade de lectura

O astrolabio

Astrolabio persa do século XVIII
Astrolabio
Andrew Dunn - Whipple Museum of the History of Science. Astrolabio (CC BY-SA)

O astrolabio é un antigo instrumento que permite determinar a posición e altura das estrelas sobre a bóveda celeste. A palabra astrolabio procede etimoloxicamente do grego ἀστρολάβιον, que pode traducirse como «buscador de estrelas». O astrolabio era usado polos navegantes, astrónomos e científicos en xeral para localizar os astros e observar o seu movemento, para determinar a hora a partir da latitude ou, viceversa, para pescudar a latitude coñecendo a hora. Tamén serve para medir distancias por triangulación.

En realidade, non se sabe ben quen foi o inventor orixinal. Algunhas obras do astrónomo e matemático grego Claudio Ptolomeo, como o Almaxesto, xa describen no século II a súa construción e foron utilizadas por outros matemáticos posteriores como Hipatia de Alexandría para mellorar os seus cálculos. Sábese que Hipatia traballou co seu pai, o astrónomo Teón, para facer correccións no Almaxesto de Ptolomeo e construír un astrolabio. Tamén sabemos que Hiparco de Nicea xa construía astrolabios antes que Ptolomeo e Hipatia. O astrolabio máis antigo que se conserva na actualidade foi construído polo astrónomo persa Nastulus cara ao ano 927 d.C. e encóntrase no Museo Nacional de Kuwait. No século VIII d.C. xa era amplamente coñecido no mundo islámico. A Europa chega no século XII a través da España musulmá.

Os mariñeiros musulmáns a miúdo usábano tamén para calcular o horario de oración e localizar a dirección da Meca. Durante os séculos XVI a XVIII, foi utilizado como o principal instrumento de navegación, até a invención do sextante, en 1750.

Colaboradores de Wikipedia. Astrolabio [en liña]. Wikipedia, A enciclopedia libre, 2017 [data de consulta: 3 de abril de 2017]. Dispoñible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Astrolabio&oldid=96786454>

Actividade. Hoxe en día o astrolabio foi substituído por programas de ordenador. Un dos máis importante é o programa libre chamado Stellarium.

Entra na páxina de Stellarium e manexa un pouco o programa, o podes encontrar online en:

https://www.rollapp.com/app/stellarium

Ou, se o prefires, podes instalar o programa no teu ordenador desde:

http://www.stellarium.org/es/

Entra en Stellarium e configuralo para poder ver o ceo desde o teu lugar de residencia.

Que constelacións podes ver?

Hai planetas hoxe que se poidan ver desde o teu lugar de residencia?