
A estas alturas xa sabemos que, cando unha forza actúa constantemente sobre un corpo de masa m, imprime nel unha aceleración:
Se estamos a traballar con vectores en coordenadas cartesianas, podemos substituír os símbolos anteriores polas correspondentes compoñentes:
Deste modo, podemos descompoñer calquera problema en dúas partes: unha na dirección do eixe das X e outra na dirección do eixe das Y.
É dicir, se estamos a estudar un movemento ao que aplicamos unha forza constante, podemos usar as fórmulas en X e en Y da seguinte maneira:
Pero en moitas ocasións esta descomposición cartesiana é substituída por outro tipo de descomposición cuxas compoñentes son denominadas "Compoñentes intrínsecas da forza" que, loxicamente van a ter asociadas as chamadas compoñentes intrínsecas da aceleración: a aceleración tanxencial e a aceleración centrípeta.