O segundo principio da dinámica enúnciase así:
"Se sobre un corpo actúa unha forza, variará o seu estado de equilibrio, é dicir deixará de estar en repouso ou deixara de seguir un movemento rectilíneo e uniforme".
En xeral, se a masa do corpo permanece constante, iso significará que o corpo variará o seu vector velocidade, é dicir será acelerado. A forza provocará unha aceleración dada por:
Onde é a forza aplicada ao obxecto de masa m e é a aceleración adquirida polo obxecto.
Se estamos a traballar no Sistema Internacional de unidades, a forza virá medida en Newtons, a masa en kg e a aceleración en .
Desta maneira, 1 newton o podemos definir como a forza que imprime unha aceleración de 1 m/s2 cando actúa sobre unha masa de 1 kg.