A forza de pulo
Un corpo mergullado nun líquido ou nun gas experimenta unha forza ascendente chamada pulo.
Principio de Arquímedes
No século III a C, o científico Arquímedes descubriu que a forza de pulo experimentada por un corpo mergullado nun líquido era igual ao peso do líquido desprazado polo corpo.
A forza de pulo débese á existencia das diferentes presións hidrostáticas que actúan a diferentes alturas do corpo mergullado. Mira a figura.
A forza de pulo é a resultante das dúas forzas que actúan:
Se multiplicamos agora pola superficie da base do cilindro mergullado:
Tendo en conta que a superficie da base do cilindro multiplicada pola diferencia de alturas é o volume do cilindro:
Como d é a densidade do líquido, a expresión anterior coincide co peso do volume do líquido desprazado.
A forza de pulo depende da porción de sólido mergullado no líquido: a maior porción mergullada, maior forza de pulo.
Os submarinos, os globos (aeróstatos) e os densímetros son algunhas das aplicacións do principio de Arquímedes.