Os hemisferios de Magdeburgo. O experimento consistiu en tratar de separar dous hemisferios metálicos, duns 50 cm de diámetro, unidos entre si por simple contacto, formando unha esfera hermeticamente pechada, da que se extraeu o aire cunha bomba de baleiro, inventada por Von Guericke. Para facilitar a pechadura hermética das semiesferas metálicas dispúñase dun aro de coiro que se colocaba entre as superficies que se tocaban. Cada hemisferio dispuña de varias argolas para pasar cordas ou cadeas por elas e así poder tirar cara aos lados opostos.
Os espectadores quedaron totalmente impresionados ao comprobar que diferentes grupos de homes tirando con todas as súas forzas cara a ambos lados non conseguían separar os hemisferios. Tampouco puideron inicialmente separalos dezaseis cabalos, en dous tiros de oito a cada lado.
Para facilitar os cálculos, nós imos substituír os dous hemisferios por dous cilindros ocos cunha base circular de 50 cm de raio. Cal sería a forza necesaria para separalos se se fai o baleiro completo no seu interior? Unicamente tes que ter en conta a presión sobre as bases circulares dos cilindros, xa que só temos que considerar as forzas que actúan na dirección horizontal.
DATO: Considera que a presión atmosférica é de 1 atm = 101325 Pa