Os hemisferios de Magdeburgo son un par de grandes hemisferios de cobre que se axustan cun anel encaixado formando unha esfera e que se utilizan para demostrar o poder da presión atmosférica. A demostración consistiu en intentar separar ambos hemisferios por senllos tiros de cabalos cando os bordos se selaron con graxa e se extraeu o aire do seu interior.
