Actividade de lectura
O gravímetro de resorte
Existen moitos modos de medir a gravidade terrestre, mais un dos máis sinxelos é facendo uso da lei de Hooke. O gravímetro de resorte consiste nun resorte curto, de constante elástica coñecida, unido a unha pequena masa, tamén coñecida, e una regra vertical capaz de medir as variacións nas lonxitudes do resorte vertical, todo o sistema vai dentro dunha caixa que permite o seu transporte.
O principio é moi sinxelo, cando estamos nun determinado lugar, colocamos o gravímetro e o peso da pequena masa fai que o resorte se alongue certa lonxitude. Despois, tendo en conta que o peso dun corpo é a súa masa multiplicada pola aceleración da gravidade, podemos usar a seguinte expresión:
Actividade. Temos un gravímetro cuxo resorte ten unha constante elástica de 0.5 N/m do que está suspendida unha masa de 3 g, se nun lugar determinado alóngase 50 mm, cal será a intensidade da gravidade nese lugar?