Saltar navegación

A visión heliocéntrica

Escena. Na simulación podemos observar o modelo heliocéntrico actual.
Como é o modelo heliocéntrico?Autor: Enric Ripoll. Modelo heliocéntrico (CC BY-SA)

Xa o grego Aristarco de Samos (século III a.C.) propuxera un modelo heliocéntrico, pero non foi até o século XVI d. C., cando Nicolás Copérnico volveu a propor este modelo, que comezou a terse en consideración.

O modelo heliocéntrico sitúa ao Sol no centro do sistema solar e ao resto dos planetas, incluíndo a Terra, xirando arredor do mesmo.

O movemento do sol e das estrelas explicase neste modelo debido a rotación que a Terra fai cada 24 horas sobre si mesmo.