Hoxe en día a comunidade científica pensa que o Universo se orixinou a partires dunha grande explosión (big bang) hai aproximadamente 14000 millóns de anos. Todo o Universo era un punto onde estaba concentrada toda a materia e que tiña, polo tanto, unha enorme densidade. A súa temperatura tamén era moi eleva.
Desde o momento da gran explosión, o Universo comezou a expandirse e había gran cantidade de radiación e luz concentrada. A medida que o Universo foi arrefriando e as partículas comezaron a agruparse, formáronse os átomos. A forza gravitacional fixera que comezasen a formarse as galaxias.
Na actualidade o Universo continúa en expansión e tense observado que canto maior é a distancia que separa dúas galaxias, con maior velocidade se afastan.