Os líquidos exercen presión sobre as paredes e o fondo do recipiente que os contén. Se abrimos un burato na parede dun recipiente que contén auga, veremos que a auga sae con certa velocidade debido á presión, esta velocidade é maior canto maior é a profundidade onde se practica o orificio.
A presión que se exerce sobre o fondo ou as paredes do recipiente débese ao peso do líquido, canto maior é a profundidade, maior é o peso da columna de líquido que hai por riba. Esta presión recibe o nome de presión hidrostática e a podemos calcular dividindo o peso da columna de líquido entre a superficie que soporta este peso:
Onde p é a presión hidrostática, h a profundidade, d a densidade do líquido e g a aceleración da gravidade.
Calquera corpo mergullado no líquido, tamén estará sometido a esta presión.