Na escena podemos ver o efecto que produce unha forza nun corpo de masa constante.

Acabamos de ver que, se un corpo libre mantén a súa masa constante, e se sobre el actúa unha forza aparece no mesmo unha aceleración. É dicir, variará algunha característica do vector velocidade (sexa o seu módulo, a súa dirección ou o seu sentido).
Se o corpo estaba inicialmente en repouso (ou se a forza actúa na mesma dirección do movemento), adquirirá un Movemento Rectilíneo Uniformemente Acelerado (Moitos autores prefiren chamar a este movemento Movemento Rectilíneo Uniformemente Variado por razóns que se estudan cando o movemento é circular).