Saltar navegación

Análise de preconceptos

Test SCORM

Pregunta

Pensa nun neno que tira dunha corda unida a parede con 100 N de forza. Supón que a forza (a tensión) máxima que é capaz de soportar a corda é de 101 N.

Un neno tira dunha corda unida a un muro
Un neno tira dunha corda unida a un muro
Enric Ripoll. Un neno tira dunha corda unida a un muro (CC BY-SA)

Imaxina agora que da mesma corda tiran en sentidos contrarios dous nenos cunha forza de 100 N cada un. Que acontecerá?

Dous nenos tiran dunha corda
Dous nenos tiran dunha corda
Enric Ripoll. Dous nenos tiran dunha corda (CC BY-SA)

Respostas

A corda rompe no caso dos dous nenos que tiran, xa que estará sometida a unha tensión de 100 + 100 = 200 N

A corda permanece sen romper

Non podemos saber o que acontecerá

Pregunta

Choque de bólas
Choque de bólas
Enric Ripoll. Choque de bólas (CC BY-SA)

Dúas bólas, unha de 10 kg de masa e outra de 20 kg, chocan. Durante o contacto aparecen dúas forzas: a que fai a bóla de 10 kg sobre a de 20 kg e a que fai a de 20 kg sobre a de 10 kg. Como serán estas forzas?

Respostas

As dúas forzas serán iguais e de sentidos contrarios

A forza que fai a de 10 kg sobre a de 20 kg é maior que a que fai a de 20 kg sobre a de 10 kg, pero teñen sentidos contrarios

A forza que fai a de 10 kg sobre a de 20 kg é menor que a que fai a de 20 kg sobre a de 10 kg, pero teñen sentidos contrarios

A forza que fai a de 10 kg sobre a de 20 kg é maior que a que fai a de 20 kg sobre a de 10 kg, pero teñen o mesmo sentido

Pregunta

Como sabes, a Lúa permanece orbitando á Terra debido a que a Terra exerce unha forza sobre a Lúa, pero a Lúa tamén exerce unha forza sobre a Terra. Responde:

Respostas

É maior en magnitude a forza que fai a Terra sobre a Lúa, xa que a primeira ten unha masa maior

É menor en magnitude a forza que fai a Terra sobre a Lúa, xa que a primeira ten unha masa maior

As dúas forzas son iguais en magnitude

Habilitar JavaScript