

Arquímedes de Siracusa
Arquímedes de Siracusa (en grego: Ἀρχιμήδης Arkhimḗdēs; Siracusa (Sicilia), ca. 287 a. C.-ibídem, ca. 212 a. C.) foi un físico, enxeñeiro, inventor, astrónomo e matemático grego. Aínda que se coñecen poucos detalles da súa vida, é considerado un dos científicos máis importantes da Antigüidade clásica. Entre os seus logros en física encóntranse os seus fundamentos en hidrostática, estática e a explicación do principio da panca. Es recoñecido por deseñar innovadoras máquinas, incluíndo armas de asedio e o parafuso de Arquímedes (tamén chamado parafuso sen fin), que leva o seu nome. Experimentos modernos probaron as afirmacións de que Arquímedes chegou a deseñar máquinas capaces de sacar barcos inimigos da auga ou prenderlles lume utilizando unha serie de espellos.
«Arquímedes - Wikipedia, a enciclopedia libre». Accedido 17 de febreiro de 2017. https://es.wikipedia.org/wiki/Arqu%C3%ADmedes.