O segundo principio da dinámica
O segundo principio da dinámica enúnciase así: "Se sobre un corpo actúa unha forza, este variará o seu estado de movemento". Se o corpo ten masa constante, variará algunha característica do vector velocidade (xa sexa o seu módulo, a súa dirección ou o seu sentido).
Traballa co vídeo adxacente e comprenderás o segundo principio.
No vídeo podemos ver o efecto que produce unha forza nun corpo de masa constante. Para o vídeo a cada vez que o carriño pase por una marca (hai unha cada 20 centímetros) e olla o valor do tempo transcorrido. Finalmente, traslada os datos a escena adxacente, que curva observas?
Na escena, unha vez introducidos os datos procedentes do vídeo, podemos observar a curva posición-tempo. De que tipo de movemento se trata?