Como vimos no punto anterior, unha das compoñentes intrínsecas nas que podemos descompoñer o vector aceleración é a denominada aceleración centrípeta (tamén chamada normal) que é un vector perpendicular á velocidade instantánea e dirixido cara o centro da curva na que está o móbil.
Cando existe a aceleración centrípeta, o móbil estará cambiando a dirección do movemento. Dis que a aceleración centrípeta é a responsable da modificación da dirección do vector velocidade instantánea.
Pódese demostrar que o valor do módulo da aceleración centrípeta é:
Onde r é o raio da curva e é o módulo do vector velocidade.
Evidentemente, esta aceleración estará producida pola compoñente centrípeta da forza cuxo módulo será:
Se recordamos a relación entre o módulo da velocidade instantánea e a velocidade angular instantánea, podemos escribir:
Nun movemento circular uniforme haberá unha forza centrípeta que o produce, nun movemento circular uniformemente acelerado (variado) haberá as dúas compoñentes: a centrípeta e a tanxencial.