Accesibilidade
- Persoas con dificultades visuais. Para facilitar a lectura das persoas con dificultades visuais escolleuse unha letra suficientemente grande (14 pt verdana) e un fondo claro para que o contraste co texto sexa grande.
- Persoas invidentes. No caso das persoas invidentes, optouse por un fondo claro para que o contraste co texto non dificulte a lectura do lector de pantalla. No caso das simulacións, todas teñen un botón que, mediante a voz do autor, permite a lectura dos textos da propia simulación así como unha descrición previa. Tamén as imaxes teñen unha descrición suficientemente clarificadora.
- No caso das persoas con dificultades auditivas, todas as imaxes, simulacións e vídeos están acompañados de suficiente texto explicativo para que, mediante a súa lectura, se poida acceder a todos os contidos.