Saltar navegación

Onde está a Terra?

Escena. Na simulación podemos tomar consciencia do insignificante lugar que a Terra ocupa no Universo.
Onde está a Terra?Autor: Enric Ripoll. A Terra no Universo (CC BY-SA)

Os homes e as mulleres, a longo da historia, tense preguntado constantemente cal é a súa posición no firmamento e polo tanto, cal é a posición que a Terra ocupa no Universo.

Inicialmente pensábase que a Terra era o centro do Universo e que o resto de astros xiraban ao seu redor (modelo xeocéntrico). Aristóteles pensaba que había dous mundos: o sublunar, imperfecto e corruptible e o supralunar, perfecto e con movementos circulares. Segundo Aristóteles os corpos celestes distribuíanse en esferas que xiraban en torno á Terra movidas por motores, o movemento destes motores era composto xa que se sumaba ao movemento das esferas máis externas. A última esfera a constituía a das estrelas fixas que xiraba mediante un motor en repouso.

No renacemento, primeiro Nicolás Copérnico e, despois, o resto de científicos  que apoiaron o seu modelo, comezou a cuestionarse o modelo xeocéntrico imperante desde a antigüidade e pouco a pouco foi substituído por un modelo que propugnaba que a Terra e o resto de planetas xiran arredor do sol.

Na época actual sabemos que o sol e o resto dos planetas ocupan unha parte moi pequena dunha galaxia chamada vía láctea e que no universo existen centenares de miles de millóns de galaxias.