Actividade de lectura
O guindastre de roda
Un guindastre de roda (en latín: magna rota) é un guindastre de madeira, de tracción humana. Foi utilizada principalmente durante a época dos romanos e na Idade Media na construción de castelos e catedrais. As cargas, a miúdo pesadas, eran elevadas mentres un individuo camiñaba dentro dunha roda de madeira tipo gaiola. A corda conectada a unha polea enrólase sobre un fuso pola rotación da roda permitindo así que o dispositivo suba ou baixe a plataforma coa carga a desprazar.
O guindastre romano denominado polyspaston, cando era accionada por catro homes en ambos lados, podía levantar 3 toneladas. No caso de que fose substituído por unha roda de gaiola, a carga máxima duplicábase a 6 toneladas, requirindo á vez só a metade da tripulación, xa que a roda de gaiola ao ter un diámetro maior é mecanicamente máis eficiente (posúe un momento de forzas maior). Isto significaba que, en comparación coa construción das pirámides de Exipto, onde uns 50 homes foron necesarios para mover unha pedra de 2.5 toneladas por unha rampla (0.05 t por persoa), a capacidade de elevación do guindastre romano polyspaston resulta ser 60 veces máis eficiente (3 t por persoa). Existen dous relevos romanos de guindastres de roda, o da lápida de Haterii de fins do século I a.C., mostra un importante número de detalles.
Colaboradores de Wikipedia. Gindastre de roda [en liña]. Wikipedia, A enciclopedia libre, 2016 [data de consulta: 4 de abril de 2017]. Dispoñible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Gr%C3%BAa_de_rueda&oldid=92123877>.
Actividade. Imaxina que tes un guindastre de roda de 2 metros de raio, e que no seu interior colocamos unha persoa de 70 kg. Se a corda que vai enrolada á periferia do guindastre pasa por outra polea de 25 cm de raio, aproximadamente, que masa poderá elevar?