Actividade de lectura
A lavadora
Nas lavadoras, o centrifugado é unha operación que reduce o 60% da humidade, non seca a roupa porén sácalle parte da humidade. A velocidade da lavadora mídese en revolucións por minuto (rpm), o número máximo de voltas que pode dar o tambor por minuto; canto maior sexa a velocidade de rotación da lavadora, menos húmida quedará a roupa e máis fácil será o seu secado. As diferentes lavadoras presentan distintos tipos de centrifugado:
600 rpm (revolucións por minuto): deixa case o 70% da humidade na roupa.
800 rpm: deixa ao redor do 70% da humidade nas pezas.
1300 rpm: absorbe máis da metade da humidade na roupa.
As paredes do tambor da lavadora están furadas e por alí a auga desprendida da roupa sae polos orificios cara á cuba. Na cuba recóllese a auga, que vai a parar a unha bomba de baleirado e de alí ao sumidoiro. A maior extracción de auga da roupa depende destes factores:
- Da velocidade de rotación
- A amplitude do tambor, canto máis diámetro teña o bombo, maior extracción de auga.
a) A canto equivale unha revolución por minuto en radiáns por segundo?
b) Cal dos tres principios da dinámica usarías para interpretar o que acontece no centrifugado?
c) Como se chama a forza que produce as rotacións da roupa no tambor?
d) De que factores depende a forza anterior?