Exercicio resolto NASA. Terra e Lúa (CC0) Debido a gravidade , a Terra atrae a Lúa cunha forza que é igual a 1.9260·1020 Newtons. Sabendo que a masa da Terra é de 5.98·1024 kg e que a da Lúa é de 7.35·1022 kg. Calcula a forza que fai a Lúa sobre a Terra e a aceleración dos dous corpos. Retroalimentación Pensa en primeiro lugar no principio de acción e reacción. Despois, para resolver a segunda parte da actividade, aplica o segundo principio da dinámica á Terra e a Lúa. Retroalimentación Efectivamente, a forza que fai a Lúa sobre a Terra será igual, pero de sentido contrario. Para calcular a aceleración dos dous corpos dividiremos esta parella de forzas polas masas respectivas: Estas aceleracións teñen sentidos contrarios e, podemos ver que a aceleración da Lúa é unhas 100 veces maior que a da Terra, por iso parece que é a Lúa a que xira ao redor da Terra e non ao contrario.