Exercicio resolto
| TÁBOA DE DENSIDADES DOS METAIS MÁIS HABITUAIS A 15 ºC | |||
| Metal | Densidade g/cm3 | Metal | Densidade g/cm3 |
|---|---|---|---|
| Aluminio | 2.70 | Cobre | 8.93 |
| Cinc | 7.10 | Cromo | 7.10 |
| Estano | 7.29 | Ferro | 7.87 |
| Níquel | 8.90 | Prata | 10.50 |
| Chumbo | 11.30 | Mercurio | 13.50 |
| Ouro | 19.30 | Platino | 21.50 |
Un prisma macizo e metálico cólgase dun dinamómetro e vese que pesa 9.4 N. Mergúllase o prisma en auga até a metade da súa altura e o dinamómetro marca 8.8 N.
Densidade da auga, 1 g/cm3 = 1000 kg/m3.
a) Cal é o volume do prisma?
b) Cal é a súa densidade?
c) De que metal estaría formado o prisma?