Xa sabemos que unha forza pode producir deformacións nos corpos. O efecto deformador dunha forza sobre un corpo depende da área da superficie sobre a que actúa e, evidentemente da súa intensidade (módulo). Por iso, é necesario definir unha magnitude nova que inclúa tanto á forza como a área da superficie sobre a que actúa, esta magnitude chámase presión.
A presión exercida sobre un corpo é o cociente entre a forza e a área sobre a que actúa:
A unidade de presión no sistema internacional é o Pascal que equivale a 1 newton aplicado perpendicularmente a unha superficie de 1 m2 de área. O símbolo do pascal é Pa.
O pascal é unha unidade moi pequena para as presións que normalmente usamos, por iso utilízanse outras unidades como a atmosfera (que equivale a 101325 Pa) ou o bar (que son 100000 Pa).