Os fluídos son partes da materia que poden fluír, é dicir, poden pasar por buratos pequenos. Os fluídos non teñen unha forma definida, senón que adoptan a forma do recipiente que os contén.
Os fluídos con que normalmente tratamos son os líquidos e os gases, pero entre eles hai unha diferenza notable: mentres que os líquidos se comprimen moi pouco ao aplicarlles unha presión, os gases o fan variando o volume notablemente. Isto débese a que as partículas nun gas están moi lonxe unhas das outras ao contrario que nos líquidos en que están moi próximas. Observa a simulación para comprobalo.