O primeiro principio da dinámica enúnciase así:
"Un corpo conserva o seu estado de repouso ou movemento uniforme e rectilíneo a non ser que sobre el actúe unha forza".
Polo tanto este principio indícanos que as forzas non son a causa do movemento senón que producen variacións no estado de movemento rectilíneo ou de repouso.
Dis que un corpo está en equilibrio cando está en repouso (equilibrio estático) ou seguindo un movemento rectilíneo e uniforme (equilibrio dinámico).