MRUA: Variación do módulo da velocidade

A ecuación que usaremos para indicar a variación do valor da velocidade en función do tempo será:
Onde "v0" é o valor da velocidade inicial, "Δt" o intervalo de tempo considerado e "a" a aceleración que será constante.
A pendente da recta representada é a aceleración.
MRUA: Variación da posición

Nun movemento rectilíneo e uniformemente acelerado a traxectoria do móbil é unha liña recta e o módulo da súa velocidade instantánea (tamén chamado rapidez ou celeridade) aumenta de forma lineal co tempo, iso vai facer que en cada unidade de tempo, o espazo percorrido sexa maior. Se representásemos posición en función do tempo obteríamos unha parábola.
A ecuación que usaremos para indicar a variación da posición en función do tempo será:
Onde "x0" é o valor da posición inicial, "v0" o valor da velocidade inicial, "Δt" o intervalo de tempo considerado e "a" a aceleración que será constante.