O físico e matemático alemán Johannes Kepler (século XVI-XVII d. C.) estudou unhas táboas astronómicas que o astrónomo Tycho Brahe había elaborado e, con elas, estableceu as súas leis dos movementos planetarios que podemos enunciar así:
1ª Lei: Todos os planetas describen órbitas elípticas arredor do Sol e o Sol ocupa un dos focos da elipse.
2ª Lei: A liña que une o Sol e un planeta varre áreas iguais en tempos iguais.
3ª Lei: O cadrado dos tempos que tardan os planetas en completar a súa órbita (período) é proporcional ao cubo do semieixe maior da elipse que describen.
As forzas na natureza
As leis de Kepler
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0