Equilibrio estático
Dicimos que un sólido está en equilibrio estático cando tanto a suma de momentos como a suma de forzas son nulas. De este xeito, o sólido non se desprazará nin rotará. Para calcular o momento resultante pódese escoller calquera punto. No exemplo da figura non hai frición da escada coa parede, pero si que hai fricción co chan. Se a escada está en equilibrio, o peso é anulado pola normal 1, a normal 2 é anulada pola fricción e os momentos respecto do punto O (en verde) da normal 2 e do peso, tamén se anulan: