MRU: O módulo da velocidade é constante

A ecuación que usaremos para indicar a variación do valor da velocidade en función do tempo será:
A aceleración neste tipo de movemento é nula
MRU: Variación da posición

Nun movemento rectilíneo e uniforme a traxectoria do móbil é unha liña recta e o módulo da súa velocidade instantánea (tamén chamado rapidez ou celeridade) mantense constante, iso vai facer que en cada unidade de tempo, o espazo percorrido sexa o mesmo. Se representásemos posición en función do tempo obteríamos unha recta.
A ecuación que usaremos para indicar a variación da posición en función do tempo será:
Onde "x0" é o valor da posición inicial, "v" o valor da velocidade, "Δt" o intervalo de tempo considerado.