Saltar navegación

Forza de fricción

Busto de Aristóteles, que está no Palacio Altemps, Roma, en mármore, copia romana dun orixinal grego de Lisipo ( ca. 330 aC ); o manto de alabastro é unha adición moderna. Da colección Ludovisi
Busto de aristóteles
Jastrow. Aristóteles (CC0)

Aristóteles pensaba que si un corpo seguía un movemento rectilíneo e uniforme sobre el debía estar actuando constantemente unha forza que mantivese o movemento.

Iso, segundo acabamos de ver no primeiro principio da dinámica, é falso pero, entón, por que cando lanzamos un libro sobre unha mesa horizontal acaba parando? A resposta ten que ser que debe haber algunha forza que fai variar o seu estado de movemento. Esta forza chámase rozamento ou fricción.

A forza de rozamento é directamente proporcional á forza normal á superficie que actúa sobre o corpo e sempre se opón ao movemento dos corpos (mira a figura).

Libro movéndose cara a dereita
A forza peso é anulada pola normal
Enric Ripoll. Forzas normal e de fricción (CC BY-SA)

Podemos escribir a expresión da forza de rozamento así: Forza de fricción é igual ao coeficiente de fricción multiplicado polo valor da normal, onde Fr é o módulo da forza de fricción, μ o coeficiente de fricción e N o módulo da normal.

O coeficiente de fricción depende dos materiais das superficies postas en contacto, do grao de pulido das superficies, da temperatura...

É moi importante ver que a forza de fricción non depende da área das superficies en contacto.

No caso da figura, como o libro que se move non está acelerado verticalmente, a normal coincidirá en módulo co peso. Polo tanto poderíamos escribir neste caso: Forza de fricción é igual ao coeficiente de fricción multiplicado polo valor da normal que neste caso coincide en módulo co peso